LABORATORIO DE CINEMA
Un espazo nel que reflexionar arredor da linguaxe audiovisual e a súa potencialidade para narrar desde a subxetividade. E, tamén, un convite para pasar á acción: creación, aprendizaxe, traballo en equipo, relatos honestos en primeira persoa convertidos en gromos audiovisuais.
O Laboratorio Agromantes 2021 funcionou de xeito online-presencial. Xurde vencellado ao GAM (Grupo de apoio mutuo) de Santiago de Compostela, que incorpora tamén membrxs doutras partes de Galicia.
Cora Peña, realizadora de documentais, coordina o cineLab en primeira persoa Agromantes.
ESCEA / TOMA ÚNICA
Desde as ferramentas do teatro contemporáneo facemos un traballo de indagación persoal, de traslación das subxetividades ao corpo. Unha oportunidade para exteriorizar e por en común vivencias silenciadas, prestando un emocionante marco para facer gromar creatividade e empoderamento a partes iguais.
Camila Vecco, directora escénica, coordina o Obradoiro Escénico
PROXECTO
O proxecto AGROMANTES alíase con persoas con sufrimento psíquico e facilita os seus relatos en primeira persoa, coa intención de visibilizar as vivencias desde a psicodiversidade e o diagnóstico psiquiátrico.
As dificultades da vida diaria, a importancia de tecer redes de apoio mutuo entre xs afectadxs, as implicacións de xénero, a relación coa familia, cos profesionais da saúde mental e co tratamento farmacolóxico…