hamburger-menu
Logo Agromantes

Relatos
en primeira
persoa

Relatos en
primeira persoa

DOCUMENTAL

Un documental que busca o relato en primeira persoa: cada participante elixe que contar de si e a posta en escea vai ao seu servizo. Vivencias e comprensións do mundo, sufrimento, extraordinarias visións. Foron meses de coñecernos e estreitar lazos arredor da semente do cineLab, da idea de facer películas e facelas. De xeito rápido, espontáneo, honesto, lúdico tamén. Logo, logrando escorar picos altos e baixos, xuntámonos todxs para a escea central.

PENSAMENTOS INTRUSIVOS

  • E os pensamientos intrusivos, adoitan ir por esa liña?
  • Si, adoitan ir pola liña de descalificativos, de ideas autolesivas e cousas así.

DELIRIO

O delirio esixíame cumprir uns obxectivos, superar uns problemas, era unha reacción. Era como… un mecanismo de compensación.

MEDICACIÓN

“…Pensamiento de suicidio y empeoramiento de su depresión y ansiedad. Si se encuentra deprimido…” -¿para que ía tomar isto se non?- “…puede este medicamento ocasionar pensamientos de autolesión” -¡ah, moi ben!

LOUCURA COMO FENÓMENO PSICOSOCIAL

Eu doume conta das violencias ás que estamos sometidas constantemente. Son unha persoa maltratada, por min mesma, probablemente, e pola sociedade. Por min mesma no sentido de pasar os filtros da sociedade.

SENSIBILIDADE

Hai que evolucionar a través da sensibilidade, non do raciocinio continuo e a aceptación continua destas contradicións tan bestiais.