agromantes-logo-vertical-dark

Mentes diversas
Psiquiatrización
Relatos en Primeira
Persoa

Mentes diversas, psiquiatrización
Relatos en Primeira Persoa

Camila Vecco

“Voz, cuerpo, testimonio. ¿Como representar lo que se es, siendo esto inabarcable?
Durante dos días gracias a la invitación del laboratorio de cine Agromantes, pudimos esbozar en el espacio y frente a la cámara formas de representar nuestra propia infinidad. Apartir de técnicas de creación escénica contemporánea provenientes del teatro devising y documental, pudimos explorar en formas de construir relatos, de denunciar dolencias, de contar historias, de hábitar y exponer nuestros cuerpos, de crear escenas que hicieran honor a la bella y profunda complejidad del grupo que conformamos.

Al finalizar la sesión del primer día Xuan dijo <<durante la escena sentí que había un lugar para cada cuerpo, un espacio posible que hábitar sin importar el estado en el que te encuentres, y eso para mí es una especie de utopía>>. Y quizá eso fue lo que finalmente sucedio durante este laboratorio: un espacio que dio lugar a que se esbocen utopías en las que cabemos todxs.”

Proxecto Agromantes

Hai un muro de silencio -cando non de prexuizo- arredor da saúde mental, e xs agromantes buscamos que o público xeral empatice e comprenda un pouco máis xs afectadxs e as súas problemáticas.

Pero tamén queremos reivindicar unhas voces valiosas, unhas narrativas asombrosas ata hai pouco sacrificadas por bárbaras, ou acaso impuras, molestas.

O proxecto AGROMANTES impulsa un Laboratorio de Cinema, do que deriva a produción de varias curtametraxes, e un Obradoiro Escénico.

A iniciativa foi breve e botamos de menos disfrutar dun prazo máis dilatado. E varias curtas pararon por indecisión ou por falta de tempo. Non obstante, a porta segue aberta, e novos gromos poden ir xurdindo polo camiño.

Cora Peña

“Levo tempo rumiando arredor do tema da loucura, como materia prima para realizar un exo/ercicio audiovisual. Abrir unha pequena fiestra desde dentro a fóra dese mundo. Dar voz e que ma dean, escoitar a sufrintes, creativxs, amorosxs, axudar a botar para fóra e regar para dentro. O Laboratorio para min ten sido e está sendo unha sinerxia, unha expresión fermosa, unha flor de loto.

Eu quixen desenvolver no grupo unha atmósfera de posiblidades expresivas cinematográficas diferentes ao mainstream, as que valorei que resultaban máis inspiradoras ou provocadoras dentro dun marco global que sería o de falar en primeira persoa. Comentando anacos de filmes, propoñendo exercicios individuais que, cando de volta, viñan cargados dunha subxetividade que puxaba por saír. E saíu, a gallarón, nas curtametraxes que realizamos e no traballo escénico, quedando, Camila e máis eu, marabilladas ante esas voces creativas, honestas, espidas, hondas. E con moitas ganas de contarse.“