hamburger-menu

Dende o meu diagnóstico, alá polo 2015, tratei de utilizar a escrita como forma de terapia. Cada día adícolle unha porción do meu tempo a curar coas verbas. Do mesmo xeito que tomo a miña medicación, relixiosamente, tamén tomo un lapis e un papel e xogo a desenmarañar o pensamento. Este xogo creativo e terapéutico proporcióname moita información valiosa sobre o meu estado anímico, e, as veces, tamén, a posibilidade de re-significar algúns dos sufrimentos relacionados ca miña condición. Cando iso ocorre é maxia.

Estas pezas son dous pequenos textos escritos no meu matutino exercicio creativo-terapéutico, e gravadas para o Laboratorio Agromantes de 2021. Grazas ao laboratorio do cinema puiden coñecer outras miradas e enriquecerme moitísimo cas pezas das compañeiras. Paréceme unha iniciativa moi necesaria a de crear cultura. Os estigmas e os prexuízos só son posíbeis nun escenario de ignorancia, máis cando se coñece algo de primeira man, automaticamente desaparecen. Penso que cada unha das pezas deste laboratorio prenden unha pequena luz que fai un pouco máis pequena a ignorancia, facilitando así o entendemento.

Comparte

agromantes-hoja

Comentarios

E agora che toca a ti, comparte as túas opinións.